Beatmad

Beatmad axustando as lentes de sol nunha nave

Música

Cintas de casete sobre o maleteiro dun coche na sesión de 2026

Bío

Samuel Cal xunto a un coche á luz do solpor

Beatmad é o proxecto de Samuel Cal, produtor e DJ de Santiago de Compostela. Formado no conservatorio en piano, violoncelo, violín e gaita, leva máis de catro millóns de reproducións e publicou en Revealed Recordings e en selos vinculados a UMG e a Warner. «Today Is What I Live For», o seu maior éxito, levou a gaita á pista de baile e gañou o apoio de Hardwell, MAKJ e Ummet Ozcan.

Cunha década na música de baile ás costas, o seu son actual mestura electrónica con influencias urbanas e galegas, pensado para competir en calquera parte e para non soar coma ninguén.